Necesidades educativas especiais
A logopedia é unha actividade educativa e sanitaria, cuios profesionais nos ocupamos da avaliación, prevención, orientación, diagnóstico e tratamento das alteracións da fala, da voz e da linguaxe. Por ende, a actuación logopédica abarca tamén o ámbito escolar nas dificultades que lle son propias.
A intervención e rehabilitación logopédica diríxese á poboación infantil, adultos e 3ª idade.
Tras unha entrevista na que se recollen os datos da persoa (incluídos informes doutros profesionais) fáiselle unha avaliación con probas específicas, de cuio resultado se emite un diagnóstico a partir do cal se elabora unha programación de actividades que son a base da rehabilitación logopédica para cada caso.
Trabállase en sesións individuais de 50 minutos en frecuencia e perioricidade segundo o caso e acordo previo.
Ponte en contacto connosco, resolveremos todas as súas dúbidas coa máxima rapidez e amabilidade.