Que é a logopedia?

A logopedia é unha actividade educativa e sanitaria, cuios profesionais nos ocupamos da avaliación, prevención, orientación, diagnóstico e tratamento das alteracións da fala, da voz e da linguaxe. Por ende, a actuación logopédica abarca tamén o ámbito escolar nas dificultades que lle son propias.

A quen está dirixida?

A intervención e rehabilitación logopédica diríxese á poboación infantil, adultos e 3ª idade.

Como se leva a cabo o tratamento?

Tras unha entrevista na que se recollen os datos da persoa (incluídos informes doutros profesionais) fáiselle unha avaliación con probas específicas, de cuio resultado se emite un diagnóstico a partir do cal se elabora unha programación de actividades que son a base da rehabilitación logopédica para cada caso.

Trabállase en sesións individuais de 50 minutos en frecuencia e perioricidade segundo o caso e acordo previo.

Dificultades escolares

Dificultades escolares

Técnicas de estudio

Técnicas de estudio

Trastornos da fala

Trastornos da fala

Que pode tratar un/unha logopeda?

  • Trastornos da voz e da resonancia: disfonías orgánicas e funcionais.
  • Trastornos da fala: dislalias (erros na pronunciación), disglosia (alteración dos órganos da fala) e disfemia (alteración no ritmo da fala).
  • Trastornos da linguaxe: afasia, disartria e disfasia.
  • Necesidades educativas especiais: discapacidade intelectual, síndrome de Down, parálise cerebral, autismo, TDAH e outros.
  • Deterioro cognitivo e dano cerebral: atención, memoria e habilidades sociais.
  • Dificultades escolares: dislexia, disgrafía e disortografía, discalculia, comprensión lectora, técnicas de estudio.
  • Atención temperá e trastornos do desenrolo.
  • Técnicas de estudio.

Contacte con Clara Raposo Pedagoga-Logopeda

Estamos en Arzúa

Ponte en contacto connosco, resolveremos todas as súas dúbidas coa máxima rapidez e amabilidade.

Lin e acepto a política de privacidade